martes, 15 de marzo de 2016

NO CMAL NON O PASAMOS NADA MAL

Unha pequena mostra do noso paso polo CMAL e moitas felicidades aos nosos pacientes, médicas, enfermeiros, farmacéuticos e axudantes porque o fixeron fenomenal.










xoves, 17 de decembro de 2015


Ola a todos, como en cursos anteriores imos levar a cabo a actividade de “Ciclo de contacontos” dentro da campaña de animación á lectura. Todos aqueles que queiran apuntarse para facer un contacontos durante a sesión de lectura poderán facelo nunha plantilla situada na cristaleira de entrada ao colexio. Poden elixir calquera curso para facer o contacontos sempre e cando ese día non estea xa ocupado. A sesión de lectura é de 11:50 a 12:10, polo que o contacontos non debería extenderse máis que vinte minutos. No caso de querer facer unha sesión de contacontos máis longa habería que falar coa titora e estudar posibilidades de días e horarios. O contacontos poden levalo a cabo pais, nais, avós, tíos...

Non fai falla ser un profesional, basta con ter ganas de pasalo ben e transmitirlle aos nenos ilusión pola lectura.



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

venres, 4 de setembro de 2015

COMEZA O CURSO 2015-2016!!!

Benvidos lectores, deixamos atrás a praia e arrancamos o curso cheo de novas aventuras na nosa biblioteca.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipjosefaalonso/?q=autologout/logout&destination=node%2Fadd%2Fbook