xoves, 17 de decembro de 2015


Ola a todos, como en cursos anteriores imos levar a cabo a actividade de “Ciclo de contacontos” dentro da campaña de animación á lectura. Todos aqueles que queiran apuntarse para facer un contacontos durante a sesión de lectura poderán facelo nunha plantilla situada na cristaleira de entrada ao colexio. Poden elixir calquera curso para facer o contacontos sempre e cando ese día non estea xa ocupado. A sesión de lectura é de 11:50 a 12:10, polo que o contacontos non debería extenderse máis que vinte minutos. No caso de querer facer unha sesión de contacontos máis longa habería que falar coa titora e estudar posibilidades de días e horarios. O contacontos poden levalo a cabo pais, nais, avós, tíos...

Non fai falla ser un profesional, basta con ter ganas de pasalo ben e transmitirlle aos nenos ilusión pola lectura.



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Ningún comentario:

Publicar un comentario